O tema central de "Voltar a casa"  A culpa é un sentimento que impregna todas as relacións humanas. A sociedade ten a necesidade de buscar culpábeis diante de calquera acontecemento, mesmo diante de accidentes naturais.

"Voltar á casa" narra unha historia mil veces repetida: diante dun acontecemento terríbel (a desaparición dunha nena pequena) a sociedade procura as respostas máis rápidas. Nesta sociedade da comunicación inmediata, son os "mass media" quen asumen o rol de focalizar a necesidade de buscar culpábeis.

A película nace inspirada en acontecementos reais, os famosos "casos" que saltan aos medios de comunicación e que constitúen fonte de entretemento xornalístico durante días ou semanas. Entretemento morboso a costa do sufrimento de persoas reais. Todos coñecemos ducias de "casos" así. Non interesaba "recrear" un acontecemento real en concreto, pero si que os personaxes resultasen o cribles e próximos ao espectador.

 

 

 


Todos los derechos reservados. www.voltar.es ©2009