
FORMATO PRODUCCIONES
Andrés Barbé é o lider de Formato Producciones S.L. unha das máis prestixiosas produtoras do panorama audiovisual galego. Habéndose dedicado fundamentalmente á produción televisiva e de documentais, tanto a nivel nacional como internacional, hai cinco anos decidiu que era o momento de abrir unha sección cinematográfica.
Durante os últimos anos, Formato produciu con gran éxito nas pantallas españolas Divertimento (2003) e Mia Sarah (2006).
http://www.formato.net
IKIRU FILMS
Ikiru Films, S.L. foi fundada en maio de 2004 por Edmon Roch, que conta unha destacada traxectoria como produtor para compañías internacionais. A súa colaboración con Whit Stillman (Barcelona, The Last Days of Disco), que comezou en 1993, proporcionoulle notoriedade internacional. En 2006, Ikiru Films incorporou a Vitoria Borrás, unha das produtoras máis prestixiosas e recoñecidas de Barcelona.
Ikiru Films produciu “A lúa en botella”, de Grojo (2007), e “Garbo. O Home que Salvou o Mundo”, de Edmon Roch (2008). Foi a Produtora Delegada de “O Perfume. Historia dun asasino” (2006), e das rodaxes en España de “Karol, un Papa Rimasto Uomo” de Giacomo Battiato (2006); de “Carolina e lle sue figlie” de Luigi Parisi (2006); de “Mirai Yosouzu” de Hiroshi Chono (2007); e de “Partir” de Catherine Corsini (2008).
Na actualidade está preparando Bruc, de Daniel Benmayor; 14 (LOPE), de Andrucha Waddington, e Teddy Jones, de Enrique Gato.
http://www.ikirufilms.com/
