

Marcial é un home vulgar, pai dunha familia vulgar. As súas aspiracións cotiás redúcense a gañar o indispensábel para vivir e para poder tomar uns cacharros de cando en vez na estraña taberna do seu amigo Manolo. Pero esta vida sinxela e pacífica vese tronzada cando desaparece a súa filla María. O desembarco na aldea de Lucía, unha xornalista sen escrúpulos, acabará con Marcial na cadea. Mentres a familia de Marcial cae na desgraza, un Xove cámara Bolseiro terá que tomar unha difícil decisión.
